viernes, 15 de enero de 2016
XA VÉN O ENTROIDO!!! Este ano a Comparsa do Couceiro vai ser "histórica". Nós imos de LOCOS ANOS 20. Ollade este video para coñecer un pouco a vida de comezos do s. XX. E... A preparar o disfraz.
Algunhas ideas para preparar o baile e nos dous últimos videos a música do nosos baile e a da nosa cantiga para ensaiar na casa:
miércoles, 23 de diciembre de 2015
REMATOU O TRIMESTRE E AQUÍ TEDES OS VIDEOS DO FESTIVAL E ALGUNHAS FOTOS DE ACTIVIDADES DENTRO DA AULA. PASADE BOAS FESTAS E MELLOR ANINOVO!!!
GRAZAS AO DIRE QUE FIXO ESTA MONTAXE TAN CHULA!
lunes, 14 de diciembre de 2015
domingo, 6 de diciembre de 2015
jueves, 19 de noviembre de 2015
Onte fomos visitar o Punto Limpo de Pontedeume. Alí o empregado municipal e o técnico da empresa, Bieites e Manuel, explicáronnos o seu funcionamento, horarios, tipos de voluminosos, reutilización dos mesmos... Que importante para a conservación do noso Medio a boa utilización do Punto Limpo! Non é?
lunes, 16 de noviembre de 2015
BREAMO 2015...
O pasado venres, 13 de novembro, a rapazada dixital deixou por un día os ordenadores e fumos visitar a CAPELA DE BREAMO. Despois dunha subida algo accidentada por mor dos eucaliptos que atopamos no medio do camiño e dalgúns lameiros que tivemos que sortear, chegamos á capela e alí, Juan abriunos a porta para amosarnos o seu interior. Estivemos repasando as carácterísticas básicas do románico e vimos as dúas imaxes de san Miguel e os capiteis característicos desta construción. Algúns atrevéronse a dar as voltar arredor da igrexa (algún moitas voltas!!!) e finalizamos investigando a flora da contorna e admirando algúns cogumelos. Antes de regresar oBservamos o VÉRTICE GEODÉSICO que está próximo á capela. Regresamos pola carretera parando no mirador... que mágoa!!!...os eucaliptos tapan a preciosa vista que debeu haber algún día...
domingo, 15 de noviembre de 2015
MAGOSTO - PEÓN 2015
O pasado mércores 11 de novembro, San Martiño, celebramos no colexio a festa conxunta do MAGOSTO e do DÍA DO PEÓN. Primeiro foron as castañas as protagonistas e despois os peóns os que brincaron e brincaron... Pais, avós,... acompañáronnos neste día e amosáronnos as súas habilidades...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)