jueves, 4 de febrero de 2016

Experiencia na aula: As bacterias.

En Naturais estamos tratando o tema da saúde, a enfermidade, enfermidades contaxiosas, virus, bacterias. Inma , a nai de Sara Cobelo, que é bióloga, visitou as nosas aulas. Foi unha experiencia estupenda: Con isopos collemos mostras de mucosa da boca, de carne crúa, das mans porcas e limpas,... E nas placas “Petri” que tiñan alimento para bacterias sementamos e desenvolvéronse colonias de diferentes bacterias. Falounos da hixene, dos contaxios, dos virus...Canto aprendemos! Grazas Inma!

No hay comentarios:

Publicar un comentario