lunes, 16 de noviembre de 2015

BREAMO 2015...

 O pasado venres, 13 de novembro, a rapazada dixital deixou por un día os ordenadores e fumos visitar a CAPELA DE BREAMO. Despois dunha subida algo accidentada por mor dos eucaliptos que atopamos no medio do camiño e dalgúns lameiros que tivemos que sortear, chegamos á capela e alí, Juan abriunos a porta para amosarnos o seu interior. Estivemos repasando as carácterísticas básicas do románico e vimos as dúas imaxes de san Miguel e os capiteis característicos desta construción. Algúns atrevéronse a dar as voltar arredor da igrexa (algún moitas voltas!!!) e finalizamos investigando a flora da contorna e admirando algúns cogumelos. Antes de regresar oBservamos o VÉRTICE GEODÉSICO que está próximo á capela. Regresamos pola carretera parando no mirador... que mágoa!!!...os eucaliptos tapan a preciosa vista que debeu  haber algún día...

domingo, 15 de noviembre de 2015

MAGOSTO - PEÓN 2015

      O  pasado mércores 11 de novembro, San Martiño, celebramos no colexio a festa conxunta do MAGOSTO e do DÍA DO PEÓN. Primeiro foron as castañas as protagonistas e despois os peóns os que brincaron e brincaron... Pais, avós,... acompañáronnos neste día e amosáronnos  as súas habilidades...


martes, 9 de junio de 2015

Actividades fin de curso!!!

Excursión a Marcelle. Xogos populares para todos no noso cole. Fin de curso e...Festa rachada!!!

sábado, 2 de mayo de 2015

MAIOS 2015

Aquí vos deixo as fotos do noso Maio: As do xoves poñéndolle xestas e fiunchos, o venres eñchéndoo de flores (Que difícil o "tapiz" de margaridas) e logo a desfilar e cantar dentro do cole, que fora chove. Por fin, o 1º de maio levamos todos os Maios do cole ao concurso. E todos tiveron premio! Noraboa!!! Ollade que bonito o desfile e que ben as cantigas...Mágoa que o tempo non acompañara!

viernes, 13 de marzo de 2015

QUE GRANDE É O NOSO PATIO!!??

Armados de metro, xa dominamos as medidas de lonxitude, e despois de dividir o patio en rectángulos... Alá fomos a medilo! Cando xa tivemos o longo e ancho de cada rectángulo a clase a multiplicar e sumar. Xa sabemos o tamaño do noso patio e comezamos a usar as medidas de superficie.

jueves, 12 de marzo de 2015

Semana da Prensa na Escola: Visita "LA VOZ DE GALICIA" E "BONILLA A LA VISTA"

Que mañá tan boa pasamos! E canto aprendimos! Mañá traballaremos sobre todo o feito hoxe. Felicidades, portáchedevos moi ben!

martes, 3 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este curso para conmemorar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA o alumnado de 5º e 6º imos facer carteis que anuncien o 8 DE MARZO. Con esta DATA preténdese reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Ollade estas montaxes sobre o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Os posters terán que exporse o vindeiro venres co corredor da entrada do cole para que toda a Comunidade Educativa se informe sobre o significado desta data. Botarlle un ollo ás características que debe ter un bo cartel e logo pescudade, buscade a vosa mensaxe e ...Mans á obra!!!

sábado, 31 de enero de 2015

OS INSECTOS, Presentación do tema

O pai de Xoán axudounos a comezar o tema dos invertebrados dun xeito marabilloso. Vimos un niño de vespas asiáticas! Aquí tendes as fotos para o recordo. Moitas grazas!!!

martes, 20 de enero de 2015

DÍA DA PAZ.:Actividades, canción e baile



Este ano no Día da Paz imos coñecer a figura de MALALA. Sabedes por qué?
Premendo na imaxe e logo investigando descobrerédelo!Para facer unha das actividades do apartado 5 tes información nas páxinas que recomendamos na marxe dereita do noso blogue.
Ánimo, e despois a cantar e bailar todos xuntos pola PAZ.