miércoles, 11 de noviembre de 2015

O venres faremos unha ruta de sendeirismo ben interesante, con vistas inmellorables do río, da ría, da nosa vila...Ademais de ver a vexetación do monte Breamo poderemos visitar a capela de San Miguel, un tesouro do románico, que nos recorda a importancia que tivo Pontedeume no Medievo. Podedes pescudar na rede sobre esta igrexa e ler os carteis informativos que hai fóra dela, pero para ir abrindo boca ollade as características das construccións do románico e despois buscádeas na nosa capela. Seguro que atopades máis de unha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario