miércoles, 4 de noviembre de 2015

FESTAS DO OUTONO: Hai nada comezabamos en 6º e xa estamos a metade do 1º trimestre.O Samaín xa pasou e este ano faremos coincidir na mesma data, o 11 de novembro, dúas conmemoracións: O Día do Peón e o Magosto. NÓS teremos que redactar e ler o Manifesto para ese día, no que moito falaremos das buxainas, sen esquecer as castañas. Ánimo rapazada que vós podedes!!! Collede xa o voso peón e a practicar. Teremos que buscar tamén refráns, ditos, adiviñas etc .Textos populares que falen das buxainas, do Magosto, do San Martiño.E presentalos nun formato axeitado para expoñer polos corredores do centro.


Premendo nas IMAXES do peón  e das castañas accederedes a  información sobre as buxainas e as  castañas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario